19 may 2010

6º curso intensivo de técnicas de levantamento de arte rupestre.

 Procurando actuar de altifalante da actualidade formativa no Noroeste, dende o LAUV achamos interesante difundir o 6º Curso Intensivo de Técnicas de Levantamento de Arte Rupestre que se celebrará na Vila de Maçâo (Portugal) os días 28/29/30 de Maio. Agardamos sexa do voso interese. 

18 may 2010

Voluntariado verán 2010

 Continuamos coa difusión de oferta de formación específica no contexto do voluntariado arqueolóxico para o verán 2010...

 Na nosa pescuda diaria de Blogs afíns achamos na Lista de Prehistoria unha nova oferta formativa en xacementos de cronoloxías diversas e en diferentes quendas de intervención: 


ESCAVACIÓN XACEMENTO VALDAVARA 3 (BECERREÁ, LUGO)
 
CRONOLOXÍA: Pleistoceno Medio final / Pleistoceno Superior inicial.
QUENDAS: 7 - 19 de Xuño e 21 de Xuño - 3 de Xullo (rotacións de 2 semanas)
CONTACTO: Manuel Vaquero manuel.vaquero@urv.cat / 636726632 

 
ESCAVACIÓN XACEMENTO LACUSTRE DA DRAGA (BANYOLES, GIRONA)

 
CRONOLOXÍA: 5440-5045 cal ANE (Neolítico antigo)
QUENDAS: 1 de XUÑO-30 de XULLO (rotacións de 30 días)
CONTACTO: Raquel Piqué (raquel.pique@uab.cat)


 ESCAVACIÓNS XACEMENTOS PALEOLÍTICOS (CATALUÑA)


(de esquerda a dereita)
Abric Pizarro (Vilamajor, La Noguera): 2 - 31 de Agosto.
Roca dels Bous (Sant Llorenç de Montgai, La Noguera): 15 -  31 de Agosto.
Cova Gran de Santa Linya (Les Avellanes, La Noguera): 1 de Xullo - 15 de Agosto.
CONTACTO: cepap@uab.cat  
   






12 may 2010

Xa esta dispoñible o buscador avanzado do Proxecto Toponimia de Galicia.

 Dende que a nosa compañeira Beatriz Comendador publicaba esta ligazón no blog "A Urdiñeira..." e asistimos á palestra de Xermán García Cancela e Vicente Feijoó -celebrada na nosa facultade o 28 de Outubro do pasado ano 2009- inserimos a páxina web do Proxecto Toponimia de Galicia nos marcadores favoritos do noso buscador.  Cada semana faciamos unha pequena visita ó lugar ansiosos de implementar o seu uso nos nosos traballos de investigación, conscientes da máis que xustificada potencialidade no noso campo. 
 Superado o período de acceso restrinxido, énchenos de ledicia difundir a súa apertura cara a totalidade dos usuarios da rede.  Albiscamos agora un tempo de ensaio-erro que de seguro xerminará no noso labor diario.


10 may 2010

Tratamento informático da cultura material.

 Quentando motores para o I CURSO PRÁCTICO DE METODOLOXÍA ARQUEOLÓXICA: REXISTRO E ANÁLISE DE XACEMENTOS E MATERIAIS, achamos no Blog afín Arqueología y Software Libre un interesante tutorial sobre o tratamento de imaxes con Gimp. Un programa gratuíto que podedes descargar nesta ligazón
 A falta de mes e medio para o noso obradoiro enxergamos un programa formativo con moitas e interesantes ferramentas que melloren o noso labor diario.  ...como dín nos medios: "seguiremos informando".

5 may 2010

Voluntariado verán 2010

 Remitimos un anuncio publicado na Lista Archport que procura voluntarios para escavacións arqueolóxicas que se realizarán en Lousada no mes de Xullo:




 O Gabinete de Arqueologia da Câmara Municipal de Lousada informa que estão abertas as inscrições para voluntários que queiram participar na 2ª campanha de escavações arqueológicas a decorrer na «casa romana» do Castro de São domingos (área em vias de classificação localizada na freguesia de Cristelos, concelho de Lousada), entre os dias 12 e 30 de Julho de 2010.


información e inscrición:  
Email 1: manuel.nunes@cm-lousada.pt
Email 2: arqueologia@cm-lousada.pt

3 may 2010

CURSO PRÁCTICO DE METODOLOXÍA ARQUEOLÓXICA: REXISTRO E ANÁLISE DE XACEMENTOS E MATERIAIS

 Semella que coa mudanza de estación mudará tamén a actividade do LAUV. Con tal, e en resposta á demanda percibida, énchenos de ledicia comunicar a próxima celebración dun obradoiro de metodoloxía arqueolóxica na última semana do mes de Xuño, do que iremos dando conta neste espacio.
 O obxectivo desta actividade parte da inexistencia dunha titulación específica en Arqueoloxía no Estado español, a diferencia doutros países da U.E., do que se deriva unha carencia na formación práctica tanto para estudantes e titulados como para profesionais.  Conscientes de tal necesidade, dende o LAUV queremos achegar tanto ó público especializado e alumnado de titulacións afíns -Hª., Restauro, Humanidades, Arte...- como á sociedade en xeral, algunhas pinceladas do corpus metodolóxico necesario para a práctica arqueolóxica. Neste caso vencellada á análise espacial dos xacementos e o tratamento de materiais. Con todo, enxergamos un curso práctico no que procuramos, entre outros obxectivos transversais: 
  •  respostar ás demandas formativas dun amplo colectivo social.
  •  minimizar a diverxencia con outros programas formativos estatais e europeos.
  •  completar as carencias prácticas deducidas da inexistencia dunha titulación específica.
  •  formar especialistas para investigar, protexer e divulgar o patrimonio arqueolóxico
  •  achegar as posibilidades abertas polas novas correntes historiográficas e fomentar a aplicación das novas tecnoloxías.
 En canto teñamos máis información (programa, inscrición...) a publicaremos e difundiremos nesta plataforma.

30 abr 2010

Patrimonio cultural e cambio mundial: un novo desafío para Europa


 A Comisión Europea ven de publicar unha recomendación ós Estados membros sobre a Iniciativa de Programación Conxunta (JPI) "Patrimonio Cultural e cambio mundial". Un relatorio de boas prácticas que lamentablemente, ó igual que calquer iniciativa que non xurda de intereses netamente económicos, ficará como tal: unha recomendación.




imaxe superior:   Estado do dolmen de Dombate (A Coruña) dúas décadas despois da súa escavación. Todo un exemplo de conservación do Patrimonio Cultural.

28 abr 2010

Xornadas Internacionais de Historia Monetaria de Galicia


     Procurando actuar como plataforma de difusión, dende o LAUV queremos poñer en coñecemento de tódolos usuarios da rede as próximas xornadas de Historia Monetaria de Galicia que se realizaran na USC no vindeiro 3, 4 e 5 de Maio. 

26 abr 2010

Campos de traballo arqueolóxico 2010.

  Ollando a nova convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar (Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado) de Campos de Traballo para este verán 2010, achamos con "espasmo" como a "política de austeridade" recorta a oferta deste tipo de iniciativas vencelladas  coa xestión arqueolóxica a escandalosa cifra de................ 1. @s nos@s colegas de Rois (A Coruña) son @s únic@s que manteñen a súa oferta para este ano, descoñecemos os medios de tal fazaña. Con todo dende o LAUV, no tempo que implementamos un proxecto propio que sirva como medio de formación práctica, queremos animar a tódol@s interesad@s a inscribirse neste tipo de actividades, enxergando un bo verán de traballo, aprendizaxe e vivencias persoais únicas...



Amplíase o prazo de preinscrición para as prácticas do 2º cuadrimestre 09/10 ata o vindeiro Mércores 28 de Abril

19 abr 2010

Aberto o prazo de inscrición para as prácticas do 2º cuadrimestre do ano académico 2009/2010


Un ano máis o LAUV presenta as súas -xa famosas nas redes sociais- prácticas de campo. Esta vez achegarémonos ata o Parque Arqueológico do Vale Côa e á paisaxe arqueolóxica do NO da Meseta. Tódolos interesados teñen ata o vindeiro Luns 26 de Abril para encher o formulario telemático de inscrición


6 abr 2010

Obradoiros familiares no Museo Arqueolóxico de Ourense

   Ollando a páxina web do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense achamos unha nova actividade promovida pola nosa compañeira Begoña Garrido. Unha actividade que, mantendo a liña de renovación do museo como un elemento vivo, didáctico e activo, lonxe do concepto privativo e elitista de tempos pasados -e non tan pasados-; procura achegar as familias un xeito ameno de descubrir o noso pasado. Dende o LAUV enxergamos un máis que exitoso discorrer destas xornadas...