Dende o blog afín A Pedra do Encanto, promovido pola nosa compañeira Bea Comendador, veñen de lanzar unha iniciativa na que a modo de símil compárase a potencialidade comunicativa dos blogs coa luz de guía dos fachóns:
Na Lanzada, cando viñan os normandos ou outras naves inimigas entraban na ría cara o Ulla, acendían fogueira.
Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.
Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.
Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.
Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.
Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.
Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.
Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.
Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.
E así ate Catoira (Castellum Honesti) e ate á fortaleza da Rocha, nas aforas de Santiago.
Redes de comunicación, como os blogues.
Xa enviado o sinal dende A Torre do Meadelo, ben podíamos seguir acendendo fachos dende Arousa ate a A Rocha… e comunicarnos máis no mundo da arqueoloxía. Ou non?
Sábado 12 de Xuño de 2010
No interior non temos faros de guía, pero fachóns temos dabondo... con tal, non dubidamos en sumarnos a esta proposta e acender o noso facho dende o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo. E como se da xustificación de tal proceder fora, dun fachón sito no Barbanza (ARQUEONEIXON) chegan novas interesantes:
- a publicación oficial _que xa podedes consultar en rede_ dos tres últimos números da serie CAPA:
21 - Eva Parga-Dans. El Mercado del Patrimonio: nacimiento, estructura y desarrollo delas empresas que gestionan el patrimonio arqueológico.
http://hdl.handle.net/10261/25061
22 - Rebeca Blanco-Rotea. Trabajos arqueológicos realizados en el transcurso de la
redacción del Plan Director de las Fortalezas Transfronterizas del Tramo Bajo del Río
Miño.
http://hdl.handle.net/10261/25002
23 - Yolanda Seoane-Veiga. Propuesta metodológica para el registro del Arte Rupestre de Galicia.
http://hdl.handle.net/10261/25060
- a presentación da páxina web do Proxecto "Nomes e Voces", unha iniciativa interuniversitaria que dende o 2006 actúa de altifalante dos silenciados. Botádelle un ollo:
http://www.nomesevoces.net
No hay comentarios:
Publicar un comentario