Na entrada do 3 de maio de 2011, co gallo da reseña que o xornal Faro de Vigo facía da tese de doutoramento do noso compañero Adolfo Fernández, publicitábamos a súa pronta defensa perante tribunal*. A organización primeiro das xornadas sobre Cultura Castrexa en Xinzo e da intervención arqueolóxica das próximas semanas no conxunto rupestre do Monte do Señoriño (Armea, Santa Mariña de Augas Santas-Allariz), supeditou até hoxe a merecida difusión deste traballo calificado con Sobresainte Cum Laude. Con tal, e agardando unha pronta publicación do conxunto da obra, axuntamos aquí o resumo da obra en .pdf ofrecido polo autor. De novo Adolfo parabéns, e máis unha vez <<finis coronat opus>>.
Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicacións. Mostrar todas las entradas
29 jun 2011
17 feb 2011
O Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil na Idade Media
Nâo sâo pepitas de oiro que procuro,
Oiro dentro de mim, terra singela!
Busco apenas aquela
Universal riqueza
Do homem que envolve a solidâo
O tesoiro sagrado
De nenhuma certeza
Soterrado
Por mil certezas de aluviâo.
(Fragmento do poema "Prospecçao". Miguel Torga).
Con estas fermosas verbas preséntase un novo número -o 32 xa- dos Anexos do Boletín Auriense promovido polo Grupo Marcelo Macías de Colaboradores do Museo e Arquivo. Unha monografía que recolle a colección documental do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil ó tempo que procura unha síntese histórica da súa evolución.
Esta extraordinaria achega, realizada polo noso colega Víctor Rodríguez Muñíz, constrúese tanto dende unha óptica interna como analizando as relacións do enclave monástico co seu rico entorno, do que o propio autor xa nos falaba na súa comunicación das I Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste e que agardamos poder pescudar con máis tempo na pronta publicación das actas na serie de Anejos Herakleion.
Sempre é pracenteiro para nós albiscar como a "canteira" de investigadores vencellados á Facultade de Historia da Universidade de Vigo "seguen na brecha" esquivando as numerosas trabas dos "mercados". Dende o LAUV parabéns Víctor!!
Rodríguez Muñíz, V. (2010): O mosteiros de Santa Cristina de Ribas de Sil na Idade Media, Grupo Marcelo Macías-Serie Anexos Boletín Auriense, Ourense, ISBN: 978-84-88522-28-3.
20 ene 2011
Nova publicación: “Una gran crátera tardorromana con decoración pintada aparecida en la villa de Toralla (Vigo, Galicia, España)”
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo no que se presenta o estudio preliminar practicado sobre unha vaixela cerámica singular e excepcional -unha crátera tardorromana con decoración pintada- aparecida na villa de Toralla en Vigo. 28 dic 2010
Nova publicación: “As relacións externas da Gallaecia durante os séculos IV ó VII d.C. a traveso do material importado localizado en Vigo (Galiza)”
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo no que se analiza diacrónicamente as relacións comerciais do Noroeste dende o século IV ata o século VII a través do rexistro arqueolóxico. 16 dic 2010
Nova publicación: “Rías Baixas and Vigo (Vicus Eleni)”
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo no que a través do estudio da cerámica fina e das ánforas se presenta a importancia de Vigo, en particular, e as Rías Baixas, en xeral, como punto de referencia comercial na fachada atlántica dende época romana. 31 oct 2010
Mellor tarde que nunca...
Tras un tempo de pausa na Consellería de Cultura e por extensión na web do Patrimonio Cultural Galego onde ficaban algunhas referencias bibliográficas promovidas por esta, énchenos de ledicia a recente publicación e difusión en formato pdf. das actuacións realizadas en Galicia sobre o patrimonio arqueolóxico do ano 2008, continuando así unha serie xa reiniciada coa edición dos anos 2006 e 2007.
Como dirían algúns... o que vai ben fica ben e sempre mellor tarde que nunca.
Como dirían algúns... o que vai ben fica ben e sempre mellor tarde que nunca.
Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Turismo
Memoria na que se recollen as actuacións realizadas sobre o patrimonio arqueolóxico no ano 2008. Desta maneira, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural dá a coñecer as súas intervencións en cumprimento da política de difusión das actividades patrimoniais establecida no Decreto 199/ 1997.
Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Turismo
389 páxs.
Xunta de Galicia, Consellaría de Cultura e Turismo
389 páxs.
Ligazóns
20 sept 2010
Nova publicación: Estudio morfolóxico da escolma cerámica recuperada na Croa de Santa Cristiña ou Castro de Lobosandaos (Lobeira-Bande, Ourense)
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo no que se presentan as conclusións resultantes do estudio do material cerámico pertencente ó asentamento castrexo toponímicamente recoñecido como "Santa Cristiña ou Lobosandaos". Xacemento localizado no linde dos concellos ourensáns de Lobeira e Bande, que foi obxecto de diferentes intervencións practicadas entre os anos 1982 e 1984 polo hoxe catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Dr. D. Antonio Rodríguez Colmenero.
6 jul 2010
Nova publicación: Resultados preliminares de la T.S. Focense (LRC) aparecida en Vigo (Galiza, España).
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo que presenta a Vigo como un dos portos comerciais máis importantes en época tardorromana.
14 jun 2010
Fachóns, "nomes e voces" e novas publicacións
Dende o blog afín A Pedra do Encanto, promovido pola nosa compañeira Bea Comendador, veñen de lanzar unha iniciativa na que a modo de símil compárase a potencialidade comunicativa dos blogs coa luz de guía dos fachóns:
Na Lanzada, cando viñan os normandos ou outras naves inimigas entraban na ría cara o Ulla, acendían fogueira.
Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.
Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.
Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.
Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.
Dende a Vila Vella de San Tomé recibían as sinais e na Torre de San Sadurniño acendían fogueira.
Dende a desaparecida Torre da Illa de Arousa recibían as sinais e acendían fogueira.
Posiblemente dende a Torre de Cálogo recibían as sinais e acendían fogueira.
Dende a Torre de Miadelo ou Miradelos recibían sinais e acendían fogueira.
E así ate Catoira (Castellum Honesti) e ate á fortaleza da Rocha, nas aforas de Santiago.
Redes de comunicación, como os blogues.
Xa enviado o sinal dende A Torre do Meadelo, ben podíamos seguir acendendo fachos dende Arousa ate a A Rocha… e comunicarnos máis no mundo da arqueoloxía. Ou non?
Sábado 12 de Xuño de 2010
No interior non temos faros de guía, pero fachóns temos dabondo... con tal, non dubidamos en sumarnos a esta proposta e acender o noso facho dende o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo. E como se da xustificación de tal proceder fora, dun fachón sito no Barbanza (ARQUEONEIXON) chegan novas interesantes:
- a publicación oficial _que xa podedes consultar en rede_ dos tres últimos números da serie CAPA:
21 - Eva Parga-Dans. El Mercado del Patrimonio: nacimiento, estructura y desarrollo delas empresas que gestionan el patrimonio arqueológico.
http://hdl.handle.net/10261/25061
22 - Rebeca Blanco-Rotea. Trabajos arqueológicos realizados en el transcurso de la
redacción del Plan Director de las Fortalezas Transfronterizas del Tramo Bajo del Río
Miño.
http://hdl.handle.net/10261/25002
23 - Yolanda Seoane-Veiga. Propuesta metodológica para el registro del Arte Rupestre de Galicia.
http://hdl.handle.net/10261/25060
- a presentación da páxina web do Proxecto "Nomes e Voces", unha iniciativa interuniversitaria que dende o 2006 actúa de altifalante dos silenciados. Botádelle un ollo:
http://www.nomesevoces.net
2 jun 2010
Nova publicación: Estrategias de asentamiento como indicadores de cronología relativa para la Edad del Hierro del Noroeste Ibérico.
Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo adscrito á labor de constatación sobre a paisaxe do Ferro en diferentes marcos espaciais da serranía interior galega.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



