O Concello de Allariz, nunha nova mostra de sensibilidade polo seu patrimonio, convidounos a presentar os primeiros resultados da nosa intervención deste verán no conxunto rupestre do Monte do Señoriño de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz). Alén disto teremos a oportunidade tamén de coñecer de primeira man os interesantes achados dos colegas Celso e David na zona escavada por F. Conde-Valvís a mediados do século XX. O encontro terá lugar no Fogar do Maior de Allariz o vindeiro 2 de decembro de 2011. Animádevos a asistir!! ;)
21 nov 2011
18 nov 2011
Deutschland 2012
Despois da excelente experiencia da England Archaeological Tour 2010 e da exótica ruta por Estambul e a costa xonia da Türkiye 2011 o LAUV-GEAAT, xunto coa Delegación de Alumnos da Facultade de Historia de Ourense, xestionará de novo unha viaxe de estudios arqueolóxicos. Nesta ocasión o destino final será o limes xermánico!!!!
Continuando coa filosofía "low-cost" doutros anos a viaxe será autoxestionada, é dicer, lonxe de viaxes programados por axencias. A data xirará arredor do entroido de 2012 e o precio total non superará os 400 Eur. (con viaxe, aloxamento e visitas incluídas). Se estas interesad@ en asistir fica atent@ ás plataformas de difusión do grupo (redes sociais, blogue...).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
