O colega Xosé Gago, colaborador da atractiva serie sobre viaxes, cultura, arqueoloxía e patrimonio De Lorean de Bois no Galicia Hoxe, vén de publicar unha reseña titulada Investigando aos investigadores que podedes consultar tamén no seu blogue. Nesta entrada fai unha interesante síntese do acontecido nas I Xornadas de Novos Investigadores do Noroeste celebradas na Facultade de Historia de Ourense os pasados días 18 e 19 de novembro.
Sen entrar a avaliar os frutuosos debates derivados dos relatorios entre "modelos estáticos" e "dinámicos" que presenta e que a publicación das actas xunto cos vídeos das mesas redondas permitirá analizar con máis calma, varios son para nós -a organización- os puntos chave resultantes dunha primeira lectura desta mordaz e persoal visión do encontro e que vos resumimos a continuación:
_ a "faciana social" que segundo o autor agáchase neste tipo de eventos, corporativista e pechada. Un "mundiño hiperespecializado" afastado doutras realidades.
(...)Calquera evento deste tipo, ten, por suposto, unha faciana social. Unha vertente socializadora, na que os diversos investigadores, aproveitan para poñerse ao día con antigos compañeiros de clase ou amigos. (...)
_ a "faciana política intencionada" deste tipo de "cónclaves" onde o interese pola renovación das universidades mestúrase coa necesidade dos novos investigadores de proxectar os seus traballos cara o exterior, máis aló dos artigos en revistas, de novo especializadas.
(...)Dentro do trazo social hai tamén unha vertente de escaparate. Unha faciana que podemos chamar “política”. Como é lóxico, para un investigador senior, é unha proxección pública importante a “foto” xunto aos novos investigadores. É coma unha foto dun político bicando a un neno. As canas ao carón das espinillas.
Este tipo de eventos dan unha imaxe dinámica, de interese pola renovación, que sempre é de agradecer nas reladas universidades galegas, malia que non sempre teña que corresponderse coa realidade, pois trátase dunha proxección intencionada. (...)
_ a importancia dos "individuos" por riba das institucións que organizan estes eventos. No caso da Universidade de Vigo cunha loanza, que compartimos, a nosa compañeira Bea Comendador.
(...)Como acontece sempre, quen marca a diferenza son os individuos, e a Universidade de Vigo ten a sorte de contar con Bea Comendador, unha rapaza que xa conta coa súa praza de profesora e que está chamada a facer grandes cousas dentro da institución. Só queda agardar que o rodo robotizador universitario non lle pase por enriba modelándoa ou provocándolle hastío, tal e como aconteceu noutros casos, mesmo na USC. Porque no fondo, o sistema investigador universitario é iso. Un sistema de popes e discípulos reproducionista. Un sistema de reprografía. Incluso entre os Novos Investigadores, detectamos certo perigoso conformismo. “Éche o que hai”. (...)
En suma, verbas ácidas e críticas coas que cada quen poderá estar máis ou menos de acordo pero derivadas dos propios obxectivos destas xornadas: dar que falar, comunicar, recibir, transmitir, avaliar, pensar e repensar... Dende o LAUV ficamos moi agradecidos do teu altofalante Xosé. ;)

No hay comentarios:
Publicar un comentario