A nosa compañeira de grupo* Bea Comendador vén de remitirnos unhas fotografías das súas prácticas na materia Arqueoloxía Xeral, imaxes que poñen en evidencia, de novo, a necesidade dunha titulación específica en Arqueoloxía no Estado español . Unha carencia formativa da que son vítimas en primeiro termo @s estudantes e titulad@s, e en segunda instancia a sociedade en xeral, que fica privada de profesionais cunha alta capacitación para protexer, investigar e divulgar o seu patrimonio.
No LAUV somos conscientes desta necesidade e nos últimos anos vimos procurando na medida das nosas posibilidades paliar o seu efecto cunha alta carga de formación extra-académica, máis aló dos curricula oficiais (obradoiros, conferencias, saídas de campo...). Actividades cunha alta demanda e cun alto grao de satisfacción por parte dos seus participantes que, ó igual que na imaxe, amosan o seu interese e ilusión por aprender, aínda que sexan un par de horas nos corredores da facultade e non nunha escavación arqueolóxica de verdade.
*Grupo de Estudios Arqueolóxicos e da Antigüidade da Universidade de Vigo (GEAA) do que en pouco teredes novas e que fixa como un dos seus obxectivos prioritarios a demanda dunha pronta consolidación de estudios sólidos en Arqueoloxía na Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario