Severo Ochoa
Nun tempo de crise, coa privatización de servizos e a involución no sistema universitario inglés; nun tempo de nula inversión en I+D+i da nosa administración, co "colectivo" investigador galego a piques de esmorecer; nun tempo onde a necesidade manda no mercado laboral, mudando a vocación por resultado; o axioma de Ochoa parece perder sentido.
Cristina Fernández, Marta Lorén, Abraham Herrero e Aarón Lakinger. Parabéns ;)
O pasado día 10 de decembro na fermosa cidade portuguesa de Braga parte da equipa xurdida ó abeiro do exemplar Proxecto Urdiñeira, do que xa temos falado neste blogue, presentaban dentro do 1º Congresso Internacional: Povoamento e Exploraçâo de Recursos Mineiros na Europa Atlântica Ocidental a súa comunicación: Unha aproximación etnoarqueolóxica ao traballo do estaño no val do rio Ribeira e a zona do Tameirón (A Gudiña, Ourense, NW Peninsular). Unha palestra, da que agardamos con inquedanza a súa publicación, que se sumaba ó rico debate sobre a producción metalúrxica do bronce no NO entre grandes especialistas xa consolidados de diferentes nacionalidades. Se cadra, na actualidade, o que fai falta son máis medios, ¿non?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario