O arco da vella dende o Monte do Señoriño |
Se onte foi un día gris hoxe de cores...o noso traballo xa comeza a dar algúns resultados!! Rematado o "encintado" do muro do socalco inferior saltamos ó intermedio. Asemade na retirada do testigo, previo "traballo fino" de retirada de tocón, comezamos a albiscar novos muros que se ben atópanse moi arrasados seguen a aumentar as fichas do complexo puzzle estrutural do conxunto rupestre.
Manuel e Edu rematando co "encintado" do soc. inferior |
"Madriña!!!! ...que choio cos tocóns que temos aquí" |
Pouco a pouco a testemuña esmorece e xurden as estruturas |
No hay comentarios:
Publicar un comentario