Hoxe rematamos o traballo programado para a campaña invernal no Monte do Señoriño en Armea na que pretendíamos consolidar os muros destapados no verán e protexer as estructuras da colonización vexetal. Este é o aspecto que terá o xacemento até o noso regreso no verán de 2012:
Se ben o noso obxectivo non era restaurar as estructuras descubertas, xa que a complexidade do conxunto non permite polo momento unha lectura definitiva, a simple actuación de consolidación dos muros e o recheo dos buracos da rocha, para facilitar a drenaxe das augas, xa fai moito máis comprensible o xacemento. Botádelle un ollo:
![]() |
Resultado da consolidación e recheo do Socalco Inferior |
![]() |
Resultado da consolidación e recheo do Socalco Intermedio |
![]() |
Resultado da escavación da testemuña entre os Soc. Inferior e Intermedio |
P.D. Os resultados da restitución fotogramétrica e modelado 3D de todos os socalcos, o levantamento topográfico do outeiro, o SIX de poboamento prerromano e galaico-romano da contorna... están en camiño. ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario