Algo extraño acontecía hoxe na contorna de Armea. Nada máis chegar albiscábamos os balcóns e as galerías engalanadas con bandeiras, os colectores a modo de taboleiro de anuncios que informaban dunha eventual recadación, as vereas máis limpas do habitual e un grande número de persoas que semellaba procurar algo.
Ó tempo que descendíamos o camiño cara o conxunto arqueolóxico o tronar de bombas e o repicar das campás espertaba a nosa curiosidade e empurrábanos cara a Basílica da Ascensión case de forma inconsciente. Unha vez alí e o mirar os estandartes decatábamonos do día que era. Hoxe era o día no que se celebraba a famosa "Procesión dos Pendóns". Unha procesión de rogacións que percorre o camiño que hai dende a igrexa parroquial de Santa Mariña ata o castro de Armea. Un percorrido fixo e inalterable no tempo que funde tradición, lenda, historia e moita arqueoloxía. Tanta que ata os romanos nos acompañaron no noso camiñar.
Nesta ligazón á Asociación de Estudios de Santa Mariña podedes mirar algunhas imaxes da procesión doutros anos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario