Xavier Riádigos no proceso de triangulación dende V.G. 22603 - Boa (Taboadela) |
Como ben sabedes @s arqueólog@s temos que facer fronte ás veces a unha gama de actividades para as que non temos competencias. Dende coñecementos de urbanismo para os PXOM ata redacción de proxectos para a administración, pasando polo uso de estacións totais, software de deseño gráfico, SIX... Unha situación -denunciada de xeito recorrente polo GEAAT- derivada da carencia dunha titulación específica en arqueoloxía que condena ós profesionais presentes e futuros á autonomía formativa.
Con todo, namentres non chega o momento que as universidades españolas adapten os curricula á realidade laboral, sempre podedes tirar de contactos e a cambio dun bo xantar vos axuden a establecer a planimetría dun xacemento.
Sirva entón este post para agradecer a axuda de tod@s es@s amig@s que colaboran desinteresadamente nos nosos proxectos. ;)
No hay comentarios:
Publicar un comentario