A nosa compañeira Beatriz Comendador Rey, seguindo a filosofía xa establecida noutros traballos como o Proxecto Urdiñeira e acorde coa estratexia de visibilización e divulgación da labor investigadora que defendemos dende o GEAAT, vén de crear un perfil denominado Arqueo-CUVI no Facebook para informar do desenvolvemento dos traballos realizados nos xacementos arqueolóxicos que se atopan na contorna do Campus Universitario de Vigo, entre os que destacan a necrópole tumular e o xacemento de Monte das Cabanas. Xacementos que son obxecto dun proxecto integral para o seu estudio e posta en valor promovido pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo.
Hoxe mesmo arranca a prospección con Xeo-Rádar na área dos túmulos III-IV da necrópole, un traballo que será realizado pola empresa INGENIERIA INSITU S.L..
A actuación prevista é a prospección non invasiva con equipo de Xeo-Rádar, sen remoción de terras nin alteración do terreo. O Xeo-Rádar XPR é unha ferramenta relativamente nova de inspección non invasiva do subsolo que se basea na emisión e recepción de impulsos electromagnéticos. Actualmente está mellorando os seus resultados en aplicacións arqueolóxicas grazas ós últimos avances no procesamento en tres dimensións. A súa principal vantaxe fronte a outras técnicas non destrutivas, como a prospección magnética, é a súa maior capacidade de resolución das posibles estruturas ou restos enterrados.
O traballo dirixido por Beatriz Comendador consistirá na inspección do subsolo mediante o XPR e o equipo de antena receptora. O XPR detectará os cambios nas propiedades electromagnéticas dos medios atravesados, producindo que parte da enerxía sexa reflectida. A antena receptora disposta na superficie detectará estas sinais xerando una serie de rexistros, permitindo obter una imaxe da historia das reflexións baixo a liña de desprazamento da antena.
O obxectivo principal é valorar a potencialidade arqueolóxica da zona co obxectivo de deseñar unha futura intervención arqueolóxica, tanto da zona dos túmulos, como do espazo contiguo. Procurando obter información tanto sobre a presenza de estruturas (estrutura intratumuluar, aneis, coirazas…) como de posible estruturas negativas.
Agardamos con inquedanza os resultados, namentres podedes facervos unha idea do seu potencial con este vídeo dun traballo semellante neste caso aplicado á cidade romana de Empúries. ;)
Os túmulos III e IV da necrópole das Xunqueiras-Pedreiras, coa Serra do Galiñeiro ó fondo |

No hay comentarios:
Publicar un comentario