Tal e como adiantábamos en anteriores entradas, o equipo do LAUV-GEAAT vén de implementar o plan de traballo que permitirá interpretar dende a perspectiva arqueolóxica o achado do señor Manuel Losada na contorna do conxunto arqueohistórico e artístico de Armea (Allariz). Con tal, paralelamente á redacción con carácter de "urxencia" do proxecto de escavación -por mor das numerosas visitas ó lugar- iniciamos os contactos cos diferentes especialistas en complexos rupestres que conformarán a asesoría científica.
Hoxe achegábase ó xacemento o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rodríguez Colmenero (c.v.), autor de numerosas publicacións relacionadas cos santuarios galaico-romanos. Ante a "pregunta do millón" sobre a funcionalidade do lugar, Rodríguez Colmenero apuntaba que a hipótese cultual poderíase soster na importancia do Monte do Señoriño como manancial e lugar de culto á auga aínda na actualidade, a distribución do que poderían ser canalizacións, a coidada labra do "bancal" e incluso, coincidindo con García Quintela, na semellanza entre a regularidade e homoxeneidade das escadas visibles no lugar con santuarios como o de Argeriz en Valpaços. Con todo, en referencia a este último apunta unha maior complexidade no caso de Armea por mor a súa distribución en varias plataformas e a súa excepcional dimensión.
Namentres, por outra banda, para a hipótese funcional Rodríguez Colmenero localizaba in situ o que poderían ser negativos de construccións habitacionais, polo que aconsellaba ser cautos e agardar ata os resultados dunha escavación sistemática. Polo que teremos que seguir agardando. ;)
Agradecementos:

Antonio R. Colmenero visita ó achado do señor Manuel Losada (27/03/11) |
Agradecementos:
Queremos aproveitar este recurso para agradecer a colaboración de Antonio Rodríguez Colmenero e a súa disposición para visitar o lugar, índa máis un día festivo e de choiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario