Dende que a nosa compañeira Beatriz Comendador publicaba esta ligazón no blog "A Urdiñeira..." e asistimos á palestra de Xermán García Cancela e Vicente Feijoó -celebrada na nosa facultade o 28 de Outubro do pasado ano 2009- inserimos a páxina web do Proxecto Toponimia de Galicia nos marcadores favoritos do noso buscador. Cada semana faciamos unha pequena visita ó lugar ansiosos de implementar o seu uso nos nosos traballos de investigación, conscientes da máis que xustificada potencialidade no noso campo.
Superado o período de acceso restrinxido, énchenos de ledicia difundir a súa apertura cara a totalidade dos usuarios da rede. Albiscamos agora un tempo de ensaio-erro que de seguro xerminará no noso labor diario.
- Web do proxecto: http://toponimia.xunta.es/gl/inicio
- Últimos artigos de prensa vencellados co proxecto: http://www.20minutos.es/noticia/703411/0/ ; http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=378309
No hay comentarios:
Publicar un comentario