Semella que coa mudanza de estación mudará tamén a actividade do LAUV. Con tal, e en resposta á demanda percibida, énchenos de ledicia comunicar a próxima celebración dun obradoiro de metodoloxía arqueolóxica na última semana do mes de Xuño, do que iremos dando conta neste espacio.
O obxectivo desta actividade parte da inexistencia dunha titulación específica en Arqueoloxía no Estado español, a diferencia doutros países da U.E., do que se deriva unha carencia na formación práctica tanto para estudantes e titulados como para profesionais. Conscientes de tal necesidade, dende o LAUV queremos achegar tanto ó público especializado e alumnado de titulacións afíns -Hª., Restauro, Humanidades, Arte...- como á sociedade en xeral, algunhas pinceladas do corpus metodolóxico necesario para a práctica arqueolóxica. Neste caso vencellada á análise espacial dos xacementos e o tratamento de materiais. Con todo, enxergamos un curso práctico no que procuramos, entre outros obxectivos transversais:
- respostar ás demandas formativas dun amplo colectivo social.
- minimizar a diverxencia con outros programas formativos estatais e europeos.
- completar as carencias prácticas deducidas da inexistencia dunha titulación específica.
- formar especialistas para investigar, protexer e divulgar o patrimonio arqueolóxico.
- achegar as posibilidades abertas polas novas correntes historiográficas e fomentar a aplicación das novas tecnoloxías.
En canto teñamos máis información (programa, inscrición...) a publicaremos e difundiremos nesta plataforma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario