Xa pechamos a derradeira caixa de cartón e mudámonos!!
Este blogue, ao igual que o resto de plataformas de comunicación do Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de
Vigo (Facebook, Twitter, YouTube, LinkedIn...), pecha as súas portas e insírese definitivamente dentro da ilusionante iniciativa proposta polo GEAAT (web actualmente en obras). Con
todo, a labor de difusión practicada en todas elas manterase agora dentro dos
medios deste grupo:
Asemade,
creamos un blogue específico para o Proxecto Armea no que podedes
consultar toda información derivada deste proxecto:
http://proxectoarmea.wordpress.com/
http://proxectoarmea.wordpress.com/
Pero que é o GEAAT?
Como ben sabedes tod@s @s que nos seguides a cotío, fai cousa dun ano xurdía a idea de aglutinar as moitas iniciativas emprendidas dende a Universidade de Vigo nos últimos tempos e aproveitar esta sinerxía para lograr unha maior efectividade. O resultado desta asociación de forzas é o novo Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio que de seguro será máis coñecido no futuro polo seu acrónimo GEAAT. Nel insírense un grande número de investigadores próximos a algunha das tres áreas que abarca: a Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural, as Ciencias da Antigüidade, e a Xeografía e a Xeomolofoloxía.
Este grupo vén de deseñar as súas liñas de actuación con respecto ao Plan Estratéxico Campus da Auga. As súas liñas conceptuais artéllanse de novo á volta de tres bacías hidrográficas da provincia de Ourense: Miño, Limia e Douro, e sobre estas, e cun enfoque diacrónico, se establecen tres grandes liñas transversais de estudo vinculadas á auga: a paisaxe natural, a paisaxe cultural, e os recursos patrimoniais. Esta configuración tripartita está reflectida na nosa nova imaxe corporativa e a auga no código do noso grupo: H2O. Asemade, o contacto co mar a través das desembocaduras do Limia e Miño, e a transrexionalidade, permitirán a proxección internacional dos estudos e a vinculación co Campus do Mar. A interacción desta liñas de actuación coas doutros grupos de investigación do campus, e a transferencia de coñecemento entre os diferentes ámbitos, contribuirán a promover a creación de valor social e económico como motor de desenvolvemento territorial da provincia mediante unha estratexia común, e dotando de personalidade propia ao Campus de Ourense
Esperamos que sigades con nós nesta nova xeira e compartades o noso rumbo.
Liñas de actuación do GEAAT dentro do Plan Estratéxico do Campus da Auga:https://docs.google.com/viewer?url=http://webs.uvigo.es/geaat/wp-content/uploads/LAGEAATR.pdf&hl=es&chrome=true
Liñas de actuación do GEAAT dentro do Plan Estratéxico do Campus da Auga:https://docs.google.com/viewer?url=http://webs.uvigo.es/geaat/wp-content/uploads/LAGEAATR.pdf&hl=es&chrome=true
No hay comentarios:
Publicar un comentario