5 mar 2010

Formación extraACADÉMICA:

II Encontro de Estudios Sobre Cerámica Antiga do NOroeste Peninsular

    Os días 26 e 27 de Novembro de 2009, a Facultade de Historia de Ourense acollía o II Encontro de Estudios sobre Cerámica Antiga do Noroeste Peninsular, dando así continuidade a este tipo de reunións iniciadas co encontro celebrado en Ourense en Maio de 2007. Nesta primeira xuntanza enxergábase como prioridade a discusión e posta en común das investigacións ceramolóxicas que se estaban a levar a cabo no Noroeste peninsular, acudindo á reunión destacados investigadores das Universidades de Vigo, Santiago e Braga, así como tamén arqueólogos profesionais galegos, que presentaron os seus traballos máis recentes sobre o tema.

    O Encontro de 2009, a diferencia do anterior, centraba as súas miras na actividade formativa sobre a cerámica antiga dende unha perspectiva teórica e práctica, aspecto moi demandado polos investigadores e profesionais do sector. Procurando tal obxectivo o Encontro serviría de curso de especialización en cerámica africana baixoimperial impartido polo Prof. Doutor Michel Bonifay (CNRS, Aix-en-Provence), un dos meirandes especialistas en cerámica tardorromana do panorama investigador europeo. 


 
    Podes visionar e descargar a conferencia La ceramica come testimonio del comercio africane del tardoantico impartida polo Dr. Michel Bonifay nas seguintes ligazóns:

"Presentación" Vídeo  (11' 16'')  
"Conferencia" Vídeo (58' 12'')  
"Quenda de preguntas"  Vídeo (35' 56'')  

No hay comentarios: