O Concello de Allariz, nunha nova mostra de sensibilidade polo seu patrimonio, convidounos a presentar os primeiros resultados da nosa intervención deste verán no conxunto rupestre do Monte do Señoriño de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz). Alén disto teremos a oportunidade tamén de coñecer de primeira man os interesantes achados dos colegas Celso e David na zona escavada por F. Conde-Valvís a mediados do século XX. O encontro terá lugar no Fogar do Maior de Allariz o vindeiro 2 de decembro de 2011. Animádevos a asistir!! ;)
Bateo de ouro e lume ancestral Experiencias en vivo na Finca Galea (Alfoz
do Castrodouro)
-
Mariña Patrimonio organizou este mércores 13 de agosto, como xa fixo en
anos anteriores, un obradoiro de bateo de ouro, contando coa inestimable
colabor...
Hace 6 días