Na web oficial do LAUV, no apartado de publicacións, xa podedes descargar un novo artigo promovido polo grupo. Un traballo no que se presentan as conclusións resultantes do estudio do material cerámico pertencente ó asentamento castrexo toponímicamente recoñecido como "Santa Cristiña ou Lobosandaos". Xacemento localizado no linde dos concellos ourensáns de Lobeira e Bande, que foi obxecto de diferentes intervencións practicadas entre os anos 1982 e 1984 polo hoxe catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Dr. D. Antonio Rodríguez Colmenero.
MARIÑA PATRIMONIO DESCOBRE ÚTILES DO PALEOLÍTICO NA TURBEIRA DA PRAIA DE
SAN MIGUEL DE REINANTE
-
A Asociación Mariña Patrimonio achou recentemente varios útiles
paleolíticos na turbeira da praia de Arealonga, localizada en San Miguel de
Reinante, no ...
Hace 22 horas